Medio Rural
Xacobea >> 

∼Xacobea∼  Ferramenta para a referenciación no contrato do prezo do leite de vaca

Axuda

DATOS DO CONTRATO:

Data inicial:
data de entrada en vigor do contrato
Data final:
data finalización do contrato
Prezo inicial:
prezo pactado por ambas partes para o primeiro mes de contrato
Formato de datas:
“aaaa-mm-dd”

REDUCIÓN DA VOLATILIDADE:

Para cada un dos dous productos industriais (Manteiga e Leite en po desnatado) deberá fixarse qué grao de variación intermensual dos prezos dese produto imos a tomar; é dicir, con qué parte nos quedamos de toda a súa evolución entre meses.

Maiores porcentaxes significan maior volatilidade.

Exemplo:

% VARIACIÓN INTERMENSUAL

Porcentaxe da variación intermensual do prezo da manteiga que tomaremos (seleccionandoa na aplicación informática).

Neste exemplo tómase un 40% de maneira que o decremento intermensual que partía de 115 e baixaba ata 105, agora quédase en 111 (a baixada queda minimizada nun 60%).

O mesmo ocorrería en caso de aumento intermensual (o aumento quedaría minimizado nun 60%).

MODULACIÓN POR CUSTOS:

Para cada unha das diferentes situacións que se poden plantexar no binomio “custos-prezo do leite”, deberase seleccionar qué proporción (porcentaxe) tomaremos do prezo calculado en base ás evolucións da manteiga e Leite en po.

Porcentaxes de modulación por custos:

  • Porcentaxes do 100% significan que non haberá ningunha modulación.
  • Porcentaxes do 0% significan que haberá unha modulación total.
© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal      Atendémolo/a
RSS